Pensamento matemático en Galicia

  1. MORENO CASTILLO, RICARDO
Dirixida por:
  1. Juan Vázquez Sánchez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de defensa: 1990

Tribunal:
  1. Eduardo García-Rodeja Fernández Presidente/a
  2. Xosé Luis Barreiro Barreiro Secretario/a
  3. Alberto Dou Mas de Xaxàs Vogal
  4. Xosé Ramón Barreiro Fernández Vogal
  5. Santiago Garma Pons Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 29192 DIALNET

Resumo

O obxectivo desta tese é o de facer a historia da actividade matemática habida en Galicia ou levada a cabo por persoaxes relacionados con Galicia, durante os séculos XVIII e XIX. Comeza con Feijoo, punto de arranque da nosa ilustración científica, e termina con Fernández Dieguez, morto xa neste século. Algúns dos personaxes estudiados, como Rodriguez ou Fontán, adicáronse a aplicar técnicas de levantamento de mapas, e outros propagaron teorías pouco coñecidas entre nos, como Dominguez Hervella coa xeometría analítica, Vazquez Illa coa teoría de números e Vázquez Queipo cos logaritmos. Pero a meirande parte deles traballaron sobre teoremas clásicos e encontraron novas demostracións. Así, Varela de la Iglesia chegou a unha curiosa demostración do teorema de Heron, Mosquera Quiroga millorou o procedemento tradicional de calculo de raíces cubicas e Duran Loriga encontrou unha demostración elemental do teorema de Newton sobre as sumas simples das raíces dunha ecuación. Este ultimo tivo ademais aportacións orixinais na xeometría do triangulo.