A comunicación institucional nos concellos galegos

  1. Vila Núñez, María Luísa
Dirigida por:
  1. Luís Celeiro Álvarez Director/a

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 16 de julio de 2012

Tribunal:
  1. Jesús Timoteo Álvarez Presidente
  2. Xosé López García Secretario/a
  3. Consuelo López Vila Vocal
  4. Rosario de Mateo Pérez Vocal
  5. Francisco Campos Freire Vocal

Tipo: Tesis

Resumen

Esta tese, titulada A comunicación institucional nos concellos galegos, enúnciase sobre as premisas de ciencia novel e de actividade práctica, que requiren concretarse desde o piar da profesionalización. Con esta investigación pretendemos describir a xénese, o desenvolvemento e a situación actual da comunicación institucional local en Galicia. O desiderátum contempla a configuración dun marco teórico, no que, desde un punto de partida histórico, achegámonos ao concepto de información de fonte, ás súas definicións, características e funcións. O plano doutrinal é a base para realizar unha exploración científica, que se centra no labor desempeñado polos gabinetes de comunicación das entidades públicas locais galegas, a través dos seus titulares. Deste xeito, queremos poñer de manifesto o significado e o valor da actividade de comunicación de fonte como área funcional profesionalizada. Con esta finalidade, realizamos un traballo de campo, que ten como eixe unha enquisa. A sondaxe desenvolveuse a través dun cuestionario testado nos 315 concellos de Galicia, co que se observou de forma directa a xestión comunicativa no conxunto das institucións locais galegas, obxectivando realidades e problemáticas. Finalmente, expoñemos unha proposta comunicativa municipal galega, que recolle e descompón a acción comunicativa das fontes locais, esquematizando un proxecto estratéxico. O obxectivo é sistematizar un modelo comunicativo institucional local, desde unha dobre perspectiva: teórica e práctica. Palabras clave: Comunicación institucional. Planificación da comunicación a través dos gabinetes. Enquisa nos 315 concellos de Galicia. Xestión comunicativa nas fontes institucionais locais galegas. Proposta comunicativa estratéxica.