Estudio del "quorum sensing" en "Acinetobacter baumannii"implicaciones clínicas
- López Díaz, María
- María Tomás Director/a
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 10 de octubre de 2017
- Rafael Cantón Moreno Presidente
- Ángeles Cid Secretario/a
- Alejandro Mira Obrador Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Nos últimos anos medrou o interese no estudo da comunicación intercelular bacteriana, a cal xoga un papel importante na regulación de diferentes factores de virulencia. As bacterias poden intercambiar información mediante un proceso coñecido como quorum sensing (QS), baseado na expresión e recoñecemento de moléculas sinal. Este proceso permite ás bacterias compartir información da súa densidade celular e así regular adecuadamente a súa expresión xénica. Por esta razón, o QS podería ser unha diana clave para a procura e deseño de novas alternativas terapéuticas para o tratamento de infeccións causadas por patóxenos multirresistentes como Acinetobacter baumannii. Este patóxeno, ademáis de presentar unha resistencia intrínseca a multitude de antibióticos, posúe unha gran facilidade na adquisición de elementos xenéticos e no desenvolvemento de mutacións converténdoo nun dos principais microorganismos causantes de infeccións nosocomiais en todo o mundo. A inhibición da comunicación entre bacterias coñecida como quorum quenching pode levarse a cabo a través de diferentes vías como a inhibición na síntese das moléculas sinal, a intercepción destas mediante degradación enzimática (a través de acilasas ou lactonasas) ou mediante o emprego de antagonistas do receptor das mesmas. Na presente tese de doutoramento, estúdanse os sistemas de quorum sensing/quorum quenching en diferentes cepas clínicas de A. baumannii e a súa relación con diversas condicións de estrés (resposta ROS, sales biliares e fagos en estado lisoxénico/lítico), coa finalidade de desenvolver novas terapias antiinfecciosas (conocidas como terapias antivirulentas) que permitan inhibir a movilidade bacteriana, a formación de biofilm e, polo tanto, o desenvolvemento da infección.