Proposta dunha metodoloxía para a participación pública nos procesos de planificación forestal

  1. Bruña García, Xabier
Dirigida por:
  1. Manuel Marey Pérez Director/a

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 28 de noviembre de 2014

Tribunal:
  1. Edelmiro López Iglesias Presidente/a
  2. Melchor Fernández Fernández Secretario/a
  3. Verónica Rodríguez Vicente Vocal
  4. Pedro Álvarez Álvarez Vocal
  5. María Dolores Domínguez García Vocal

Tipo: Tesis

Resumen

A participación da sociedade nas decisións relativas á planificación e ordenación do territorio é fundamental para acadar solucións viables e duradeiras. A actuación conxunta de todos os sectores involucrados na planificación forestal, tanto de carácter táctico como estratéxico, permite elaborar solucións á xestión futura dos recursos do monte, seleccionando e aplicando aquela ou aquelas de consenso. A procura de acordos entre os grupos de interese é o factor máis importante na planificación de áreas rurais, onde o territorio é o sustento de todas as actividades. A clave do éxito está na representatividade ou presenza equilibrada de todos os axentes en aras de obter un obxectivo común, que transcenda ós obxectivos individuais. Esta tese afonda no traballo científico feito ata o de agora con respecto á participación pública na planificación forestal. Propón e valida unha nova metodoloxía que serva para integrar a grupos sociais con escasa experiencia en procesos participativos para a planificación de recursos naturais en rexións demograficamente en recesión. Deste xeito combínase a enxeñería de planificación, clásica do século XX, coa participación social, necesaria no século XXI, para acadar a sostenibilidade e a gobernanza efectiva