As novas elites do xornalismo en Galicia. A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (1991-2011)

  1. Estévez Lavandeira, Isabel Aránzazu
Supervised by:
  1. Fermín Galindo Arranz Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 05 July 2012

Committee:
  1. Miquel de Moragas Spà Chair
  2. Marta Pérez Pereiro Secretary
  3. Natalia Abuín Vences Committee member
  4. Carmelo Garitaonandia Garnacho Committee member
  5. Xosé Manuel Baamonde Silva Committee member

Type: Thesis

Abstract

O obxecto de estudo desta investigación é a formación en Comunicación no ámbito universitario galego; en concreto céntrase nos xermolos e desenvolvemento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, que abre as súas portas no ano 1991. O traballo analiza a entrada dos estudos de Comunicación no ámbito universitario como chanzo fundamental á hora de regulamentar e dotar de solidez a actividade profesional, contribuíndo á consideración dunha parte da profesión como grupo de elite, partindo da influencia e notoriedade social dos medios de comunicación e do xornalismo na sociedade actual. Afonda na significación da creación da primeira facultade de Ciencias da Comunicación en Galicia hai agora vinte anos como estrutura de consolidación xa que se trata dun proxecto que nace para responder á necesidade de comunicadores formados de maneira integral no país. A investigación sostén que este é un proxecto construído cun modelo propio no seu enfoque. Dúas décadas despois, evoluciona sen poder sustraerse ás transformacións e novas demandas do mercado da comunicación. A investigación inclúe como parte fundamental un conxunto de entrevistas en profundidade cos axentes clave na posta en marcha dos estudos de Comunicación na universidade galega, poñendo de releve a importancia das fontes directas e da oralidade como metodoloxía científica á hora de analizar a historia recente.