O papel das oficinas de turismo na xestión do destinoRede de Oficinas de Turismo de Galicia

  1. SANCHEZ VAZQUEZ, NURIA
Zuzendaria:
  1. Miguel Pazos Otón Zuzendaria
  2. Xesús Pereira López Zuzendaria

Defentsa unibertsitatea: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 2016(e)ko abendua-(a)k 14

Epaimahaia:
  1. Rubén Camilo Lois González Presidentea
  2. José Antonio Fraiz Brea Idazkaria
  3. María García Hernández Kidea

Mota: Tesia

Laburpena

Esta investigación ten como obxectivo determinar un modelo de rede das oficinas de turismo a nivel autonómico, que coordine as oficinas pertencentes á Xunta de Galicia, aos concellos e a outras institucións públicas galegas, e que contribúa a mellorar a imaxe no destino Galicia. Co estudo das oficinas de turismo existentes en Galicia (Xunta, provinciais e municipais) detéctanse unha serie de problemas na xestión e na organización, así como un solapamento dos servizos de información turística nas cidades, para os cales se propoñen solucións de cara a poder integrarse nunha futura rede de oficinas de turismo de Galicia. Tamén se analiza profundamente cal sería o modelo de rede de oficinas de turismo axeitado para o destino Galicia. Baseándose no estudo das dez redes de oficinas existentes en España, no que destacan os casos de éxito da rede ITOURBASK (País Vasco) e a TOURIST INFO (Comunidade Valenciana), definimos o modelo de Galicia, a nivel organizativo e normativo, que poida ofrecer un mellor servizo de información e acollida aos turistas e peregrinos que visitan Galicia.