Estudio epidemiológico de las disfunciones del tracto urinario inferior en la población pediátrica gallega y su relación con los hábitos de aprendizaje miccional

  1. Somoza Argibay, I.
Dirixida por:
  1. Roberto Méndez Gallart Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 28 de marzo de 2019

Tribunal:
  1. Andrés Gómez Fraile Presidente
  2. Manuel Adolfo Gómez Tellado Secretario/a
  3. Margarita Montero Sánchez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 584243 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Moitas publicacións amosan nos últimos anos o incremento da prevalencia de disfuncións vesicais e intestinais na idade pediátrica. Estas disfuncións inclúen patróns miccionais anormais que cursan con sintomatoloxía do tracto urinario inferior como incontinencia de urina, urxencia miccional ou infeccións, e con sintomatoloxía intestinal como incontinencia de feces. Pénsase que este aumento na prevalencia pódese deber aos cambios no estilo de vida e dietéticos. Pero existen na literatura poucos estudos epidemiolóxicos que estuden ademáis os principais factores de risco. A incontinencia trátase dun evento moi estresante ata en nenos, leva a desenvolver una baixa autoestima e problemas sociaies e psicolóxicos. O obxetivo deste estudo é coñecer a prevalencia de disfuncións vesicais e intestinais e coñecer os principáis factores de risco para determinar as medidas que permitan disminuila. Levamos a cabo un estudo observacional transversal de prevalencia sobre unha mostra representante da poboación pediátrica galega de nenos e nenas escolarizados de entre 3 e 9 anos. Para iso empregamos unha enquisa sobre as costumes de aprendizaxe miccional, o hábito intestinal, datos sociofamiliares e dietéticos, ademáis de asocia-­lo cuestionario PLUTSS, de cribado de disfuncións do tracto urinario inferior, tras traducilo e validalo en español. As disfuncións vesicais e intestinais amosaron ter unha alta prevalencia na nosa poboación pediátrica. O sexo masculino, o hábito posponedor, a escolarización precoz ou o estrinximento, son algúns dos principais factores de risco destes trastornos. O coñecemento da prevalencia desta patoloxía na nosa comunidade, así como dos hábitos miccionais dende os primeiros anos de vida na nosa contorna, permitiu emitir unha serie de recomendacións escolares, familiares e en atención primaria, co fin de previr esta patoloxía tan prevalente.