Prensa e culturaEstudo de caso: os suplementos de cultura de La Voz de Galicia e Faro de Vigo (1980-1997)

  1. González Fernández, Jorge
Dirigida por:
  1. Lois Álvarez Pousa Director/a

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 23 de noviembre de 2018

Tribunal:
  1. Rafael Llano Sánchez Presidente
  2. Dolores Vilavedra Fernández Secretario/a
  3. Manuel Martínez Nicolás Vocal

Tipo: Tesis

Resumen

Este traballo realiza a primeira aproximación sistemática ao fenómeno xornalístico dos suplementos culturais publicados nos diarios galegos durante os anos da transición e consolidación da democracia. Para iso desenvolvemos un marco teórico que relaciona os conceptos de cultura e comunicación e ofrecemos unha perspectiva xeral dos antecedentes –que, con formatos moi variados, apenas cruzan os límites temáticos do literario-, e doutras influencias, derivadas en especial dos suplementos aparecidos no ámbito español. Centramos a nosa análise específica nos cadernos semanais de La Voz de Galicia e Faro de Vigo –as cabeceiras galegas con maior difusión e autoridade- entre 1980 e 1997. O arco temporal elixido permite comprobar a evolución dos trazos destes produtos, que incorporan temáticas e xéneros novos, así como as relacións entre prensa e campos artísticos galegos nunha etapa fundamental da conformación destes.