Epistemología, metodología y técnicas del análisis de contenido

  1. Piñuel Raigada, José Luis
Revista:
Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas
  1. Arias Fernández, María Antonia (coord.)

ISSN: 1576-7418

Año de publicación: 2002

Título del ejemplar: Técnicas de investigación social y sociolingüística

Volumen: 3

Número: 1

Páginas: 1-42

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

Resumen

Neste traballo expoñemos, en primeiro lugar, unha revisión epistemolóxica da análise decontidos, que constitúe unha práctica científica das ciencias sociais que estudia un obxecto -unha comunicación singular- que representamos, de xeito científico e refutable, mediante os procedementos de selección e análise de productos comunicativos que pertencen obxectivamente á comunicación, que cómpre coñecer desde un punto de vista teórico e que son válidos ou pertinentes para poñer a proba as condicións, para os que tales productos comunicativos foron elaborados, en calquera tipo de comunicación similar á que os produciu. En segundo lugar, examinamos a metodoloxía -as regras de procedemento- coa cal aspiramos a unir, de modo válido, a sucesión de actuacións que compete á selección do corpus, á súa segmentación en unidades de análise e ó seu exame para elaborarmos, rexistrarmos e tratarmos datos de diversas ordes lóxicas. Gracias a iso somos quen de elaborar un relato apto para representar cientificamente -ou dun xeito refutable- un obxecto de estudio que non é o propio corpus, senón a práctica humana que enxendrou o obxecto material da análise: o producto comunicativo analizado. En terceiro lugar, na derradeira sección expoñemos as alternativas técnicas que subxacen no procedemento de análise, tanto se este está sendo conducido polo investigador e analista en tódolos pasos precisos coma se está sendo desevolvido automaticamente mediante o software dispoñible, tal como se describe seguindo o traballo de Harald Klein