Mulleres, fotografía e emigración

  1. Montero Vilar, Pilar
Revista:
Estudos migratorios: revista galega de análise das migracións

ISSN: 1889-9609

Año de publicación: 2009

Título del ejemplar: Achegas locais á emigración galega

Volumen: 2

Número: 2

Páginas: 91-107

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Estudos migratorios: revista galega de análise das migracións

Resumen

Son moitas as formas en que se recolle a memoria da emigración: testemuños escritos, falados, documentais, fotografías, etc. Neste artigo abórdase precisamente a fotografía, entendida como unha estrutura que posúe unha linguaxe específica e pretende analizar ese apartado da memoria dende o punto de vista das mulleres. Como fenómeno social, o tema da emigración foi afrontado por distintos fotógrafos e reporteiros. No entanto ímonos centrar nas fotografías de carácter privado ou naquelas que, aínda tendo carácter público, serviron para documentar escenas cotiás. Non nos interesa tanto analizar esa visión da emigración dende a reportaxe profesional como procurar unha aproximación ao labor realizado polos propios protagonistas da emigración que documentan o seu periplo, unha perspectiva que estaría máis próxima á visión dun álbum familiar como obxecto depositario da memoria privada dos seus protagonistas que aos grandes relatos e narrativas enxalzados pola historia. Se aceptamos a proposta de Susan Sontag de que a fotografía é unha inesgotable invitación á especulación e á vez é un instrumento de poder, o estudo consiste nunha análise a partir das imaxes fotográficas da emigración nas que as mulleres adquiren un carácter protagonista e intenta esclarecer cal é a construción narrativa e ideolóxica que se estruturou a partir das ditas imaxes.