Técnicas de aceleración para el método de radiosidad jerárquica

  1. Padrón, Emilio J.
Dirixida por:
  1. Margarita Amor Director
  2. Ramón Doallo Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de maio de 2006

Tribunal:
  1. Emilio López Zapata Presidente/a
  2. Montserrat Bóo Cepeda Secretario/a
  3. Francisco Tirado Fernández Vogal
  4. Xavier Pueyo Sandez Vogal
  5. María Inmaculada García Fernández Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Uns dos métodos que mellor modelan o comportamento real da luz na búsqueda do realismo visual en imaxes construidas de forma sintética é o método de radiosidade. Este método presenta, sen embargo, a desvantaxe dun alto coste computacional, tanto en tempo de cálculo coma en almacenamento. Entre as numerosas variantes xurdidas co obxectivo de rebaixar a complexidade do método clásico sobresae o método de radiosidade xerárquica, baseado na aplicación dunha subdivisión adaptativa na escea. O método de radiosidade xerárquica mantén todavía, así a todo, unha elevada complexidade que dificulta a súa explotación en esceas de gran tamaño. Neste traballo tratáronse de desenvolver novas solucións para algúns dos diversos problemas plantexados polo método de radiosidade xerárquica. O primeiro punto ao que se presta atención no traballo é á determinación de visibilidade entre os distintos obxectos dunha escea (principal colo de botella nun algoritmo de iluminación), analizando as principais solucións existentes e propondo unha nova aproximación ao problema baseada no aproveitamento do principio de localidade no espazo de direccións dos raios lanzados durante o proceso. Outro aspecto desenvolvido na tese é a utilización de modelos xeométricos de diferente complexidad que permitan o tratamento de esceas grandes con obxectos moi detallados, independizando a correcta simulación da distribución da enerxía na escea da complexidade xeométrica dos obxectos que a compoñen. Ao respecto preséntase unha proposta para o cálculo da radiosidade xerárquica baseada no uso de esquemas de subdivisión de superficies. Por último, nesta tese proponse unha solución paralela para o aproveitamento de sistemas distribuidos na aplicación do método de radiosidade xerárquica en esceas de gran tamaño, facendo unha distribución real da xeometría da escea entre todas as memorias do sistema e cunha aproximación multi-fío na execución, o que vai permitir un mellor axuste da granularidade empregada na paralelización das tarefas.