Ingeniería Tisular del hueso y el cartílago empleando células mesenquimales estromales y biomateriales

  1. Sanjurjo Rodríguez, Clara
Dirigida por:
  1. Francisco J. Blanco García Director/a
  2. Silvia Díaz Prado Director/a

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de julio de 2016

Tribunal:
  1. Javier de Toro Santos Presidente/a
  2. Benjamín Fernández Gutiérrez Secretario
  3. María del Carmen de Andrés González Vocal

Tipo: Tesis

Teseo: 427007 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

A artrose (OA) é a patoloxía reumática máis prevalente e, na actualidade, non existe un tratamento efectivo. Unha das causas deste trastorno é o desenvolvemento secundario tras unha lesión na cartilaxe hialina articular ou no óso subcondral. A Enxeñería Tisular (IT) osteocondral, utilizando células e soportes, xurdiu como unha terapia prometedora. O obxectivo deste estudo foi determinar o potencial de reparación das células mesenquimais estromais (CMEs), en combinación con diferentes tipos de soportes, para o seu uso na IT osteocondral. En primeiro lugar, illáronse e caracterizáronse CMEs, obtidas de medula ósea humana e ovina, e de células similares a CMEs (CSMEs), diferenciadas a partir de células pluripotentes inducidas (iPS). En segundo lugar, estudouse a capacidade de diferenciación condroxénica das CMEs humanas, cultivadas en diferentes soportes de coláxeno (Col). Tamén, testouse a capacidade de diferenciación osteoxénica das CMEs ovinas, cultivadas sobre soportes de Col I e ß fosfato tricálcico (ß-FTC). Por último, analizouse a capacidade de reparación das CMEs, cultivadas en soportes de Col, nun modelo de lesión de cartilaxe in vitro. Os resultados confirman a identidade das CMEs e a súa capacidade de formar neotecidos condroxénicos e osteoxénicos sobre biomateriais de Col. A presenza de proteoglicans (PGs) na composición dos soportes mellora o fenotipo condroxénico do tecido cartilaxinoso neoformado e a reparación de lesións na cartilaxe hialina, nun modelo in vitro. O uso dos constructos, formados polas CMEs e biomateriais de Col, resulta prometedor para a reparación de lesións osteocondrais.