A elaboración dun corpus paremiolóxico por francófonos nativos

  1. Sevilla Muñoz, Julia
  2. García Yelo, Marina
Revista:
Cadernos de fraseoloxía galega
  1. Ferro Ruibal, Xesús (dir.)

ISSN: 1698-7861

Año de publicación: 2013

Número: 15

Páginas: 321-346

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Cadernos de fraseoloxía galega

Resumen

Este estudo trata de averiguar a presenza do xénero proverbial na competencia do falante francés actual mediante un traballo de campo realizado no curso 2007-2008 cun grupo de informantes no marco da materia Gramática contrastiva (francés-español), impartida nos estudos de Licenciatura de Filoloxía Francesa. A metodoloxía empregada sufriu unha evolución a medida que avanzaban as nosas investigacións durante este tempo debido ao aumento de estudantes francófonos do programa Erasmus. Os obxectivos da actividade proposta no mencionado curso eran diversos: a) espertar o interese dos estudantes por un fenómeno lingüístico de natureza bastante complexa; b) aprender a localizar fenómenos lingüísticos directamente de fontes orais; c) constatar o grao presencial do xénero proverbial na competencia lingüística. O material paremiográfico recompilado constitúe, polo seu número e as súas diversas categorías paremiolóxicas, unha mostra representativa da competencia paremiolóxica francesa e belga actual, debido á idade e á procedencia xeográfica dos informantes.