Evaluación de un programa multimedia de aprendizaje de habilidades de comunicación empáticas en una muestra de profesionales de la salud

  1. Bermúdez Míguez, Sabela
Zuzendaria:
  1. Montserrat Durán-Bouza Zuzendaria
  2. Jorge García Fernández Zuzendaria

Defentsa unibertsitatea: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 2018(e)ko azaroa-(a)k 15

Epaimahaia:
  1. Carlos Gallego López Presidentea
  2. María del Pilar García de la Torre Idazkaria
  3. Elena García Vega Kidea

Mota: Tesia

Teseo: 575093 DIALNET lock_openRUC editor

Laburpena

Diferentes estudos mostran unha asociación entre o emprego efectivo de destrezas comunicativas en profesionais sanitarios e a consecución de obxectivos relacionados coa práctica clínica. Con todo, a maior parte destes traballos non especifican con claridade o proceso de adestramento, nin os compoñentes comunicacionais empregados. O obxectivo da presente investigación foi o de avaliar un programa multicompoñente e estruturado de habilidades de escoita activa, elaborado nun formato multimedia e aplicado a unha mostra de profesionais sanitarios. Mediante un deseño pre-experimental con tres medidas temporais, pre-tratamento, post-tratamento e seguimento, avaliáronse as respostas comunicativas presentadas ante diferentes tipos de demandas relacionais, así como a súa asociación con posibles variables moduladoras, coma a empatía e autoeficacia percibida. Para elo empregouse unha mostra de 73 profesionais de enfermería e técnicos de coidados auxiliares. Os resultados mostraron un amplo incremento das habilidades de escoita activa e unha diminución de bloqueos comunicativos, indicando o seu mantemento tralo paso do tempo e a xeneralización a contextos de práctica simulada. Non obstante, non se atoparon asociacións significativas con respecto ás variables moduladoras estudadas. Os datos obtidos apoian a pertinencia e utilidade de incluír intervencións destas características nos programas formativos do persoal sanitario.