Estandarización del plasma rico en plaquetas como medicamento para la artrosis

  1. Gato Calvo, Lucía
Dirixida por:
  1. Francisco J. Blanco García Director
  2. Elena Fernández Burguera Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 29 de abril de 2019

Tribunal:
  1. Ana Rey Rico Presidente/a
  2. Emma Muiños López Secretario/a
  3. Benjamín Fernández Gutiérrez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 587774 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A artrose (osteoarthritis, OA) é a patoloxía articular máis frecuente (afecta a un 15% da poboación mundial), incapacitante e de etioloxía incerta. A inflamación crónica de baixo grao ten un papel fundamental no seu desenvolvemento e progresión e culmina no desequilibrio entre o anabolismo e o catabolismo da cartilaxe articular, que ten moi baixa capacidade de rexeneración. O plasma rico en plaquetas (PRP) é un produto autólogo con potencial terapéutico, pero a súa eficacia clínica na OA non se ten demostrado de maneira concluínte. Isto débese, principalmente, á falta de estandarización nos métodos de preparación, coa consecuente heteroxeneidade dos derivados de PRP resultantes e, como resultado, á disparidade nos resultados tanto preclínicos coma clínicos. O obxectivo desta Tese Doutoral foi estandarizar lisados de PRP en base a concentracións absolutas de plaquetas coñecidas e, polo tanto, con composición independente da concentración basal de plaquetas do donante. A súa posible utilidade en tres indicacións relevantes na OA testouse en modelos in vitro con células mesenquimais estromais (mesenchymal stromal cells, MSCs) ou condrocitos OA (de xeonllo ou de cadeira). En particular, as aplicacións avaliadas foron: 1. Terapia intraarticular con propiedades condroxénicas. 2. Soporte tridimensional bioactivo para a rexeneración de lesións da cartilaxe. 3. Terapia intraarticular antiinflamatoria. Os resultados nos nosos modelos amosaron que os derivados de PRP en forma de lisado non só non presentan capacidade condroxénica, senón que a inhiben e, en cambio, promoven a diferenciación á linaxe osteoxénica, con independencia da dose plaquetaria. En cambio, cando as MSCs están embebidas nos xeles de fibrina resultantes da activación dos PRPs, o aumento da concentración de plaquetas resulta beneficioso. Por outro lado, sí se demostraron efectos anticatabólicos, antioxidantes e antiinflamatorios ao empregar concentracións de plaquetas moi inferiores aos valores fisiolóxicos. Pola contra, o enriquecemento plaquetario resultou proinflamatorio, especialmente en condrocitos OA de cadeira. Estos resultados moleculares corroboráronse, ademáis, nun modelo ex vivo de 21 días con cartilaxe OA. En conclusión, neste estudio propúxose unha metodoloxía de estandarización novidosa para a preparación de derivados de PRP, baseada na concentración absoluta de plaquetas, demostrando que a estandarización dos produtos de PRP é imprescindible para avaliar os seus efectos de maneira obxectiva. Este é, ademais, o primeiro estudo, que teñamos coñecemento, no que se comparan os efectos de PRPs sobre condrocitos de xeonllo e de cadeira de maneira separada.