"Leabhar Gabhála Éireann"reminiscencias de una relación intercultural entre Galicia e Irlanda

  1. Vázquez Pozo, Mónica
Dirixida por:
  1. Olivia Rodríguez-González Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 14 de febreiro de 2020

Tribunal:
  1. Antonio Raúl de Toro Santos Presidente/a
  2. Carmen Mejía Ruiz Secretaria
  3. Rafael Morales Barba Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 617795 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Estudo dos contactos interculturais entre Irlanda e Galicia a partir da análise do Leabhar Gabhála Éireann, libro redactado en gaélico a principios do s. XII en Leinster, que narra sagas de herois relacionadas coas seis conquistas da illa en tempos prehistóricos. Tras informar sobre os achádegos arqueolóxicos que permiten constatar que existiu unha cultura atlántica común á que estes pobos pertencían, faise un percorrido a través da historia e a literatura de Irlanda e Galicia para atopar as pegadas duns relatos que se converteron, durante as idades Moderna e Contemporánea, en mensaxe de resistencia identitaria céltica. Segue un estudo comparado entre estas culturas a través da toponimia e outros tipos de onomástica supervivente, así como cultos e ritos relixiosos, folclore e mitoloxía. O traballo remata cun estudo de caso de literatura comparada galego-irlandesa que, logo de presentar os nomes e a obra de Seamus Heaney e Luz Pozo Garza, comenta algúns textos de seu.