O diagnóstico temperán do autismo e a investigación epidemiolóxica nos trastornos do espectro autista

  1. Posada de la Paz, Manuel
  2. Ferrari Arroyo, M. J.
  3. Touriño Aguilera, Eva
  4. Boada Muñoz, Leticia
Revista:
Maremagnum: publicación galega sobre os trastornos do espectro autista

ISSN: 1698-5966

Año de publicación: 2006

Título del ejemplar: Por unha vida de calidade

Número: 10

Páginas: 9-21

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Maremagnum: publicación galega sobre os trastornos do espectro autista

Resumen

Ata hai pouco tempo, a investigación do Autismo en España non era prioritaria das axencias de financiamento nin dos propios investigadores existindo unha gran desorientación entre pais e profesionais sobre a súa importancia e grao de desenvolvemento. Nos últimos tres anos rexurdiu un interese de moitos grupos polo estudo do Autismo, destacando a actividade do GETEA do ISCIII, que puxo un portal de Internet con información actualizada sobre os TEA e guías de actuación no diagnóstico, investigación, detección temperá e proximamente unha sobre tratamento. Dentro da gravidade dos TEA a intervención temperá é un factor prognóstico moi importante, unha vez realizada por servizos especializados e canto antes. A súa maior eficacia preséntase cando se instaura nos primeiros anos de vida.