Relación del fenotipo de fragilidad y del estado nutricional con aspectos sociales y de calidad de vida en personas mayores

  1. López López, Rocío
Dirixida por:
  1. José Carlos Millán-Calenti Co-director
  2. Laura Lorenzo-López Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 17 de setembro de 2020

Tribunal:
  1. José Manuel Ribera Casado Presidente
  2. Isabel González-Abraldes Iglesias Secretario/a
  3. Óscar Ribeiro Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 632059 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

En Galicia son escasos os estudos socio-comunitarios que analizan a fraxilidade e a malnutrición, a pesar de ser dúas das síndromes xeriátricas que provocan maior vulnerabilidade. Os obxectivos principais deste traballo foron examinar os factores que inflúen na progresión natural da fraxilidade; e determinar aspectos sociais e de calidade de vida (CV) asociados coa fraxilidade física e co estado nutricional en función do xénero. Realizouse unha Valoración Xeriátrica Integral nunha mostra comunitaria representativa de 749 persoas de 65 ou máis anos de Galicia, que foron re-avaliadas (n=537) tras un ano de seguimento. Os factores de risco que incrementaron a probabilidade dunha transición cara un peor estado de fraxilidade foron o déficit auditivo, a insuficiencia cardíaca conxestiva e a polifarmacia. Nas mulleres puntuacións baixas no ítem de CV relacionado coa saúde física asociáronse con presentar risco de malnutrición ou malnutrición e non ser robustas. Nos homes ter idades comprendidas entre 80-89 anos e ter unha pobre CV xeral asociáronse a non ser robustos, mentres que non estar casado e presentar baixa satisfacción coa saúde asociáronse a presentar risco de malnutrición ou malnutrición.