Comparación de una estrategia de revascularización coronaria completa vs revascularización coronaria guiada por ecocardiograma de esfuerzo en pacientes con infarto agudo de miocardio y enfermedad coronaria multivaso

  1. Calviño Santos, Ramón
Dirixida por:
  1. Javier Muñiz Co-director
  2. José Manuel Vázquez Rodríguez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 30 de setembro de 2020

Tribunal:
  1. Andrés Íñiguez Romo Presidente
  2. María Generosa Crespo Leiro Secretario/a
  3. Felipe Fernández Vázquez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 634916 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta tese doutoral é un ensaio clínico que, en doentes con infarto agudo de miocardio con elevación do segmento ST e enfermidade multivaso nos que se trata con éxito a arteria responsable do infarto con intervencionismo coronario, compara dúas estratexias de revascularización das lesións non responsables do infarto. Os doentes foron randomizados a revascularización percutánea de todas as lesións non responsables do infarto nun segundo procedemento (154 doentes) ou á realización dun ecocardiograma de esforzo e revascularización das lesións que produciran una isquemia extensa (152 doentes). O evento primario definiuse como o combinado de morte cardiovascular, infarto de miocardio, revascularización coronaria ou novo ingreso por insuficiencia cardíaca aos 12 meses de seguemento e non amosou diferenzas significativas entre as dúas estratexias de tratamento, nin sequera cando o seguemento extendeuse a un máximo de tres anos. No grupo de revascularización guiada con ecocardiograma de esforzo detectouse isquemia miocárdica en 64 doentes e en 44 realizouse un procedemento de revascularización de algunha lesión non responsable do infarto. Os costes de tratamento ao alta e a un ano de seguemento foron significativamente menores nos doentes randomizados a unha estratexia de revascularización guiada con ecocardiograma de esforzo.