Un topónimo valdoviñés'frouseira', de ‘frondia’, que no frouxeira, de ‘fluxus’

  1. José-Álvaro Porto Dapena 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Revista:
Estudios mindonienses: Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol

ISSN: 0213-4357

Ano de publicación: 2016

Número: 32

Páxinas: 593-625

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios mindonienses: Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol

Resumo

Sobre 'A Frouseira' véñense barallando dúas hipóteses etimolóxicas: a de E. Bascuas (2002), segundo quen se trataría dun hidrónimo procedente do lat. *FLUXARIA e este de FLUXUS ‘corrente de auga’, e outra, proposta en Porto Dapena (2003), que fai derivar ese topónimo do lat. *FRAGOSARIA, derivado á súa vez de FRAGOR, –ORIS ‘ruido’ en alusión ao producido polo mar de Valdoviño. No presente traballo faise unha reformulación da cuestión, mediante datos xeográficos, históricos e lexicográficos, consonte coa cal 'Frouseira' é un derivado romance a partir de 'frousa', unha variante de 'fronza' (< lat. FRONDIA ‘conxunto de ramas ou follas’), cuxo significado é ‘follaxe ou vexetación baixa’, pero que, por un proceso de metonimia, podería ter chegado tamén a significar ‘vasoira ou varredoiro’. Ambas as dúas interpretacións serían aplicables ao caso do 'Frouseira' valdoviñés, pois que na primeira –a máis probable– o topónimo aludiría ao tipo de vexetación que caracteriza a zona en que se atopa a lagoa, e na segunda se faría referencia o mar e vento que actúan a modo de varredoiro sobre o areal da praia. Aténdese, finalmente, no presente artigo á grafía e pronuncia do topónimo –con s ou x–, argumentándose a prol da forma 'Frouseira' fronte a 'Frouxeira', que hoxe se está a impoñer entre os valdoviñeses por mor dunha inaxeitada normalización lingüística.