A Virxe do Mar, patroa de Cedeira por mor dun erro lingüístico

  1. Xosé Álvaro Porto Dapena 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Revista:
Estudios mindonienses: Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol

ISSN: 0213-4357

Ano de publicación: 2018

Número: 33

Páxinas: 321-338

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios mindonienses: Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol

Resumo

Curiosamente, o único pobo de Galicia que venera como patroa á Virxe do Mar é Cedeira, cousa que contrasta coa xeneralidade das nosas vilas mariñeiras, onde o padroado corresponde máis ben á Virxe do Carme, cuxa devoción se estendeu na nosa comunidade autónoma especialmente no século XVIII a partir do estabelecemento da Orde Carmelita en Padrón. Hai que ter en conta, porén, que a Virxe do Mar é a patroa da vila cedeiresa por mor dunha confusión producida entre os séculos XVI e XVII, que consistiu en interpretar a expresión del Mar ou do Mar como unha advocación, cando en realidade era un mero complemento locativo, como aínda o é hoxe, por exemplo, noutras denominacións toponímicas (así, Santillana del Mar, San Vicente do Mar, Santo Domingo do Mar, San pol de Mar, etc., e na propia Cedeira, Santallamar). A denominación da parroquia da vila cedeiresa como Santa María Mar ou de Mar fai a súa aparición xa no século XII (é dicir, cando aínda non xurdira a advocacion Virgen del Mar, ou, en galego, Vir.xe doMar), ben é verdade que, con referencia a un lugar diferente, dita denominación pode remontarse ao século X. Como se mostra neste artigo, de Mar, que equival a "ao carón do mar", é unha expresión puramente locativa -sen chegar a ser propiamente un topónimo- parella ao complemento que aparece, por exemplo, en San Andrés de Lonxe, Santa Maria de todo o mundo, San Roque do Camiño, etc. En suma, a verdadeira patroa de Cedeira foi a Asunción polo menos ata 1917, data na que a vella imaxe parroquial foi substituída pola actual, onde a Virxe aparece sobre unha onda salvando a un náufrago a piques de se afogar; e isto explica por certo que as festas se sigan a celebrar polo 15 de agosto.