El desarrollo histórico de las tecnologías informacionales y sus repercusiones sobre la investigación social del lenguaje

  1. Sobrino Blanco, Miguel Angel
Revista:
Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas
  1. Arias Fernández, María Antonia (coord.)

ISSN: 1576-7418

Ano de publicación: 2002

Título do exemplar: Técnicas de investigación social y sociolingüística

Volume: 3

Número: 1

Páxinas: 155-184

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

Resumo

Esta contribución aborda o tema das relacións entre o cambio tecnolóxico e a transformación das prácticas de producción de coñecemento científico. O contraste entre a situación actual e os escenarios da investigación científica nas décadas pasadas da pé a consideracións críticas acerca do uso científico das tecnoloxías informacionais e as súas repercusións sobre as prácticas productivas do investigador. O tema da retroalimentación histórica entre innovación tecnolóxica e progreso do coñecemento lingüístico permite ilustrar o impacto desas tecnoloxías sobre a actividade científica e abordar algúns problemas cos que se enfrenta actualmente o investigador á hora de utilizalas. Descríbense algúns dos usos científicos das tecnoloxías actuais. A análise prospectiva permite identificar unha tendencia á automatización progresiva dos procesos de producción de coñecemento. A eventualidade dun escenario de producción automatizada de coñecemento científico como consecuencia da socialización de tecnoloxías "intelixentes" xustifica, como conclusión, reflexións acerca dos problemas epistemolóxicos que esa automatización plantexa para a investigación social; uns problemas que, por extensión, afectan ó sociolingüista