Leal da Câmara y Valle-Inclánun testimonio epistolar sobre sendos lances de honor en 1899
ISSN: 1138-9664
Ano de publicación: 2009
Número: 12
Páxinas: 25-36
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Madrygal: Revista de estudios gallegos
Resumo
Tomás Julio Leal da Câmara (1876-1948), pintor e caricaturista portugués, foi o primeiro protagonista, durante a súa estancia en Madrid de 1890 a 1900, dun acontecemento que se converteu nun destacado incidente no anecdotario das letras españolas do século XX: o afrontamento verbal e físico nun café entre os escritores Ramón María del Valle-Inclán e Manuel Bueno en 1899, que tivo como resultado que ficase manco o primeiro deles. O artista portugués, autor dunha emblemática caricatura de Don Ramón, dará conta nunha carta persoal da súa propia cuestión de honra, outra alterada discusión de motivo político con reto a duelo que provocaría indirectamente o fatal incidente entre Valle-Inclán e Bueno.