Aproveitamento e valorización de restos das podas de vide para obter «compostos de base» útiles para a síntese de produtos químicos de interese industrial e biocombustibles

  1. S. Rivas 1
  2. L. López 1
  3. I. Blanco 1
  4. X. Rico 1
  5. P. Rodríguez 1
  6. A. Moure 1
  7. J. L. Alonso 1
  8. V. Santos 1
  1. 1 Departamento de Enxeñaría Química (campus de Ourense, Universidade de Vigo)
Libro:
Proxectos INOU 2020: Investigación aplicada na provincia de Ourense

Editorial: Vicerreitoría do Campus de Ourense ; Universidade de Vigo

ISBN: 9788481589160

Año de publicación: 2021

Páginas: 105-124

Tipo: Capítulo de Libro

Resumen

O sector vitivinícola consolidouse en Ourense como un referente na economía da provincia, avalado pola calidade dos seus viños que espertan un grande interese nacional e internacional. Porén, os restos xerados polas vides na súa poda teñen un custo residual, pois déixanse podrecer nas viñas ou empréganse como fonte de enerxíaao queimalos. A reutilización de residuos agrícolas para obter compostos de valor engadido é unha posibilidade tecnolóxica real que, ademais, promove unha economía circular e un crecemento sostible acorde coa demanda e coas necesidades da sociedadeactual. O presente estudo ten o propósito de presentar e de analizar unha alternativa que valore os restos vexetativos obtidos na poda da vide co desenvolvemento de procesos que, seguindo a flosofía de «biorrefinaría», permiten a separación dos seus constituíntes estruturais. Deste xeito, trátase o fraccionamento selectivo e integralda celulosa, das hemicelulosas e da lignina, grazas ao emprego de mesturas de auga cun disolvente orgánico seleccionado consonte a reactividade destes constituíntes.Finalmente, este disolvente recupérase mediante destilación e reutilízase no proceso, diminuíndo así a creación de residuos. Ademais, estúdase a valorización individualizada das hemicelulosas contidas na fase acuosa, empregando sistemas bifásicos para obterfurfural. A auga é o disolvente imprescindible para levar a cabo a deshidratación das pentosas que forman parte das hemicelulosas e orixina, así, furfural, que pode ser recuperado in situ grazas á súa afinidade por determinados disolventes orgánicos. O furfural é un precursor natural dunha gama de produtos químicos de intereseindustrial e combustibles «verdes», e o seu potencial consolídase porque só se pode obter a partir de biomasa, polo que resulta unha alternativa renovable a outras de orixe fósil non renovables.