Espazo lido e espazo representado nas Cantigas de Santa María. Unha nova aproximación

  1. Magán Abollo, Manuel
Dirigida por:
  1. Elvira Fidalgo Francisco Director/a
  2. María Victoria Chico Picaza Directora

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 24 de noviembre de 2023

Tribunal:
  1. Fernando Cabo Aseguinolaza Presidente/a
  2. Laura Fernández Fernández Secretaria
  3. Manuel Pedro Ferreira Vocal

Tipo: Tesis

Resumen

Esta tese está dedicada ao estudo da configuración do espazo artístico e literario presente nas Cantigas de Santa María a través dos diversos elementos que o conforman, como a descrición textual, a súa representación pictórica ou a xeografía. O traballo estrutúrase en dúas partes: a compoñente escrita, na que se realizan as análises, e a ferramenta web, www.oslugaresdascantigas.gal, onde se poden encontrar mapas, imaxes e unha base de datos dedicada aos lugares mencionados nas Cantigas de Santa María e ás súas iluminuras. A través dun enfoque inspirado nos estudos derivados do Spatial Turn e que combina estudos de literatura, arte e novas tecnoloxías, pretendemos realizar unha nova achega ás Cantigas de Santa María, para enriquecer o noso coñecemento da obra e proporcionar novas perspectivas e ferramentas de estudo.