Análisis de la calidad de vida de los pacientes con presencia de Hallux Valgus

  1. Brandariz Pereira, Juan Manuel
Dirixida por:
  1. Daniel López-López Director
  2. Ricardo Becerro de Bengoa Vallejo Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 26 de xuño de 2017

Tribunal:
  1. Marta Elena Losa Iglesias Presidente/a
  2. Juan Manuel Vilar Fernández Secretario/a
  3. Patricia Palomo López Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 476073 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Antecedentes: O Hallux Valgus é unha das patoloxías máis comúns que afectan ao pé e conduce a un progresivo deterioro da saúde e, polo tanto, da calidade de vida dos individuos que a padecen. Ó longo dos últimos anos investigouse moito acerca das causas e os factores asociados a dita patoloxía pero poucas son as investigacións que a relacionaron coa calidade de vida dos individuos que a padecen. Obxectivo: Determinar o impacto que o Hallux Valgus exerce sobre as diferentes dimensións da calidade de vida dos individuos que o padecen na cidade de A Coruña. Material e métodos: O presente traballo de investigación consiste nun estudo observacional de casos e controis sobre unha mostra consecutiva e non aleatoria de poboación (A Coruña, N = 463 pacientes) (α= 0.05; precisión ±5%). Unha vez obtido o consentimento informado levouse a cabo a valoración do grao de Hallux Valgus e a medición do estado de saúde xeral e de saúde específica do pé mediante a Escala Manchester e o Foot Health Status Questionnaire (FHSQ). Resultados: Na mostra estudada, un total de 275 persoas (59,39%) foron diagnosticadas de Hallux Valgus. Os individuos da mostra que presentaron a patoloxía estudada amosaron puntuacións inferiores nas dimensións da calidade de vida valoradas polo FHSQ de dor do pé (77,88 ± 20,29), función do pé (84,47 ± 18,84), calzado (54,39 ± 29,51), saúde do pé (59,49 ± 26,96), saúde xeral (70,87 ± 21,99), actividade física (84,80 ± 20,45) comparados con aqueles individuos que non presentaron a patoloxía (p < 0,05). En canto ás dimensións de función social e vigor, o grupo con presenza de Hallux Valgus presentou tamén puntuacións inferiores (83,90 ± 19,75 y 56,22 ± 18,11 respectivamente) ao grupo control, aínda que neste caso o valor p non resultou estadísticamente significativo. Conclusións: A presenza de Hallux Valgus incide de xeito negativo na calidade de vida relacionada coa saúde xeral e a saúde específica do pé nas persoas que o padecen.