Ecologías de aprendizaje de los docentes universitarios de la rama de Ciencias Sociales y Jurídicas

  1. López Calvo, Sara
Dirixida por:
  1. Mercedes González Sanmamed Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 01 de decembro de 2021

Tribunal:
  1. Albert Sangrá Morer Presidente/a
  2. María Castro Morera Secretaria
  3. María Tomé Fernández Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 685453 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Nesta tese doutoral estudamos as Ecoloxías de Aprendizaxe dos e das docentes universitarios de Ciencias Sociais e Xurídicas, analizando os procesos de formación, actualización e desenvolvemento profesional que experimentaron, a partir das oportunidades de aprendizaxe tanto formal, como non formal e informal, durante a súa traxectoria persoal, académica e laboral. Para iso, realizamos un estudo mixto de carácter exploratorio secuencial que se desenvolve en dúas fases: unha de corte cualitativo e outra cuantitativo. Na primeira fase realízase un Estudo de Caso mediante 2 entrevistas semiestructuradas para a definición e configuración das Ecoloxías de Aprendizaxe dos 8 mellores docentes universitarios de Ciencias Sociais e Xurídicas da Universidade da Coruña. A continuación, na indagación cuantitativa, aplícase un cuestionario a 471 profesores e profesoras de universidades españolas. Finalmente, alcánzase o obxectivo fundamental do estudo e establécese que, en termos xerais, o profesorado universitario é un colectivo moi motivado cara ao seu labor docente e cara á investigación; que se autoforma asiduamente grazas ás TIC; que outorga gran importancia ás interaccións persoais; e interésase en como mellorar a súa formación pedagóxica para o desempeño da función docente